29/04/2026
Dende ALCER Ourense dirixímonos de novo a vós para solicitar o voso apoio ao proxecto que presentamos á 5ª edición da convocatoria de axudas de CINFA “La Voz del Paciente”.
O noso proxecto, “NUTRIALCER: Programa de nutrición para persoas con enfermidade renal crónica”, ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal a través dunha intervención nutricional especializada, adaptada ás súas necesidades clínicas e sociais.
Podedes acceder á votación a través da seguinte ligazón:
https://lavozdelpaciente.cinfa.com/admin/nutrialcer-programa-de-nutricion-para-personas-con-enfermedad-renal-cronica-23800?contestTitle=5-edicion-la-voz-del-paciente-vota-por-tu-proyecto&contestId=23712
Queremos salientar que ALCER Ourense é a única entidade da provincia de Ourense que se presenta a esta convocatoria, polo que o voso apoio resulta especialmente relevante para dar visibilidade ao noso traballo e ao colectivo ao que representamos.
Moitas grazas polo voso apoio continuo
Asociación Alcer Ourense