STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo vivo e alonxado de calquera burocratización. A ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.

ASEMBLEARIO

Un sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento a través do que reforzamos a unidade dos traballadores e traballadoras do ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade directamente. GALEGO E CONFEDERADO

Uun sindicato que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias

educativas sexan realmente plenas, estea ó mesmo tempo integrado confederalmente para así poder facer frente ao reto dos grandes temas de política educativa. PLURAL E PROGRESISTA

Un sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas. NON SEXISTA

Un sindicato que potenciará todas as accións que conduzan á abolición do sexismo no ensino e na sociedade. AUTÓNOMO

Un sindicato que non esté subordinado á Administración, nin manteña ningún tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade sindical. REVINDICATIVO

Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo. SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE

Un sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación non queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado. UNITARIO

Un sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases democráticas e pluralistas, e que promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas.

28/04/2026

Román dimite o ensino non te admite!!!

28/04/2026

Outra mostra de DIG-NI-DA-DE do profesorado!!!

CAMIŃO Á CONSELLERÍA!
28/04/2026

CAMIŃO Á CONSELLERÍA!

Quentando motores! Hoxe imos mandarlle unhas fotos a Román que lle van gustar menos ca as que lle pasan a man polo lombo...
28/04/2026

Quentando motores! Hoxe imos mandarlle unhas fotos a Román que lle van gustar menos ca as que lle pasan a man polo lombo na Cidade da Cultura…

LISTAXES PROVISIONAIS DE OPOSICIÓNS: Hoxe comeza o prazo de reclamación ás listaxes de oposicións e rematará o día 4 de ...
20/04/2026

LISTAXES PROVISIONAIS DE OPOSICIÓNS:
Hoxe comeza o prazo de reclamación ás listaxes de oposicións e rematará o día 4 de maio.

Xúntase a Resolución do 16 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de e...

16/04/2026
Hoxe ás 19:00 no IES DE ALLARIZ, ASEMBLEA ABERTA A TODO O PROFESORADO.
08/04/2026

Hoxe ás 19:00 no IES DE ALLARIZ, ASEMBLEA ABERTA A TODO O PROFESORADO.

O STEG esixe á Consellería a PROFUNDAS MODIFICACIÓNS NAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO. Velaquí a ligazón ao escri...
27/03/2026

O STEG esixe á Consellería a PROFUNDAS MODIFICACIÓNS NAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO.
Velaquí a ligazón ao escrito remitido hoxe mesmo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:

O STEG remitiu a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos unha solicitude formal para a MODIFICACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO.

A XUNTA DE PERSOAL DA CORUŃA REITERA A PETICIÓN DE CESAMENTO DO NOVO DIRECTOR TERRITORIAL. Velaquí a nota de prensa: A C...
25/03/2026

A XUNTA DE PERSOAL DA CORUŃA REITERA A PETICIÓN DE CESAMENTO DO NOVO DIRECTOR TERRITORIAL.
Velaquí a nota de prensa:

A Coruña, 25 de marzo de 2026
A Xunta de Persoal docente da Coruña quere manifestar publicamente o seu firme rexeitamento ao nomeamento do novo Director Territorial, José Santiago Freire Abeijón, ao considerar que non reúne o perfil profesional nin persoal axeitado para desempeñar un cargo de tal relevancia no ámbito educativo.
O pasado luns, 23 de marzo, esta Xunta de Persoal solicitou formalmente á Consellería de Educación o seu cesamento. A día de hoxe, non se recibiu ningunha resposta por parte da Administración.
Hoxe mércores 25 de marzo estaba convocada a primeira Xunta de Persoal ás 10 da mañá á que o Director Territorial non acudiu, escusando o Inspector Xefe a súa ausencia por haber unha incidencia “urxente” nun centro de Lousame, da que xa era coñecedor onte martes, sen comunicárnolo previamente. Estamos ante a primeira mostra de falta de respecto cara ao profesorado, a través da Xunta de Persoal.
Xa é “coincidencia” que ante a primeira convocatoria da Xunta de Persoal, na que o principal punto da orde do día era a petición do seu cesamento, haxa unha incidencia no comedor dun centro de Lousame, concello no que foi alcalde durante varios anos.
Esta mesma dilixencia e presenza física é a desexable para este cargo ante todos os problemas educativos dos centros docentes da Coruña.
Con todo, dende este órgano de representación do profesorado, consideramos que a designación deste cargo debería responder a criterios de mérito, capacidade e coñecemento do sistema educativo, nun contexto tan complexo como o actual no que os centros afrontan importantes retos organizativos, pedagóxicos e sociais. E os antedecentes públicos do Director Territorial resultan absolutamente incompatibles co exercicio dun cargo de responsabilidade educativa: investigacións abertas por organismos fiscalizadores, polémicas polo uso de fondos públicos e posicionamentos e comentarios que chocan frontalmente cos valores democráticos e cos principios dunha escola pública, plural e inclusiva
Por todo o anterior, a Xunta de Persoal docente da Coruña reitera a súa esixencia de cesamento inmediato e reclama o nomeamento dunha persoa que conte cunha traxectoria profesional vinculada ao ensino e cun compromiso firme cos principios de igualdade, respecto e servizo público.
Igualmente, advírtese que non se tolerará ningún comportamento discriminatorio nin actitudes que supoñan unha falta de respecto cara ás mulleres ou a calquera outro colectivo.
E para que así conste, asinan as Organizacións Sindicais que conforman na Xunta de Persoal Docente da Coruña,
CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE e STEG.

Dirección

Rúa Basquiños 52
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza:

Compartir