Micelio Terapias

Micelio Terapias Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Micelio Terapias, Medicina y salud, O Fental, Tortoreos.

Buscamos TERAPEUTA OCUPACIONAL para INCORPORACIÓN INMEDIATA! 🔎 ‼️ Valoramos:- Dispoñer de habilidades e metodoloxías na ...
28/08/2025

Buscamos TERAPEUTA OCUPACIONAL para INCORPORACIÓN INMEDIATA! 🔎 ‼️

Valoramos:
- Dispoñer de habilidades e metodoloxías na intervención con crianzas 🧩 e persoas adultas 👐
- Interese na Formación Continua 📚
- Vivir en As Neves ou arredores 🌿

Non é imprescindible experiencia previa, pero sí ganas e actitude proactiva!

Ofrecemos xornada parcial, principalmente de tardes. Oferta tamén ampliable a traballadoras autónomas.

Se cres que pode encaixar contigo, envía o antes posible o teu CV a:
info@micelioterapias.es

E se non, comparte e difunde para que chegue a alguén interesada 💚

Que levante a man aqueles que senten certa ledicia cando están rodeados de natureza☝ Non negamos que as veces certos bec...
15/05/2025

Que levante a man aqueles que senten certa ledicia cando están rodeados de natureza☝
Non negamos que as veces certos bechos poden resultar incómodos, pero o certo é que o noso corpo instintivamente precisa deses espazos afastados dos estímulos urbanitas. Aínda que sexa un ratiño, presta. Son moitos os beneficios para a nosa saúde:
- Reduce os nosos niveis de estrés (sempre e cando non te atopes cun tigre 😋).
- Regula a nosa respiración e ritmos circadianos, algo fundamental para sentirnos en equilibrio.
- O simple feito de observarla pode levarnos a un estado de serenidade.
- Para os cativos, a natureza é un grande aliado, pois favorece a súa autonomía, o xogo simbólico, a imaxinación.
- Favorece as relacións sociais e o movemento do noso corpo dunha maneira mais orgánica.
- Axuda a mellorar estados emocionais complexos.

Eeei parade un momentiño que temos novas que contarche...🌱O proxecto Micelio crece e qué ilusión compartilo con vos! Sar...
24/02/2025

Eeei parade un momentiño que temos novas que contarche...

🌱O proxecto Micelio crece e qué ilusión compartilo con vos! Sara, a nosa psicóloga, a partir de agora tamén é socia de Micelio, polo que pouco a pouco a veredes máis. Que mellor día que hoxe, o día da psicoloxía en España, para que ela mesma se presente:
“Ola, qué tal estades? Aaai confesarei que estou un chisquiño nerviosa, pero moi chea de ilusión. As casualidades da vida leváronme ata este recuncho tan fermoso chamado Micelio e decidín quedar.
A miña experiencia e formación é variada e constante, permitíndome integrar o campo da Psicoloxía social co ámbito clínico. No que máis especializada estou é en trauma, acompañamento en procesos de dó e en discapacidade intelectual ou diversidade funcional. Traballo tanto con poboación infanto-xuvenil como con adultos/as e procuro construir e coidar o vínculo tan íntimo que se xera no espazo de terapia porque dende aí, dende a relación auténtica e libre de xuízos, sanamos.

Agradecida de poder continuar acompañándovos neste camiño”.

🍀🥰

Nova oportunidade de desenvolvemento laboral en Micelio Terapias!! Queremos ampliar a equipa cunha Terapeuta Ocupacional...
08/09/2024

Nova oportunidade de desenvolvemento laboral en Micelio Terapias!!

Queremos ampliar a equipa cunha Terapeuta Ocupacional! 🔎

Valoramos:
- Dispoñer de habilidades e metodoloxías na intervención con crianzas 🧩 e persoas adultas 👐
- Interese na Formación Continua 📚
- Vivir en As Neves ou arredores 🌿

Non é imprescindible experiencia previa, pero sí ganas e actitude proactiva!

Ofrecemos xornada parcial, principalmente de tardes

Se cres que esta oferta é para ti, agardamos o teu CV en:
info@micelioterapias.es

Agradécese difusión ☺️



📣 Aberto o prazo para solicitar as becas NEAE.👉🏼 Contacta con nós se precisas axuda para solicitala.
02/05/2024

📣 Aberto o prazo para solicitar as becas NEAE.

👉🏼 Contacta con nós se precisas axuda para solicitala.

Esta semaniña tivemos a sorte de recibir ás rapazas e rapaces do Ciclo de Educación Infantil de EFA A Cancela, centro re...
12/04/2024

Esta semaniña tivemos a sorte de recibir ás rapazas e rapaces do Ciclo de Educación Infantil de EFA A Cancela, centro referente na Formación Profesional 🔝

Foi súper emocionante compartir con vós o Proxecto Micelio, como naceu, o noso día a día, os espazos, a nosa forma de facer, a nosa esencia...💫
E foi un pracer a proactividade e interese que mostrastes, así da gusto! Grazas!



🌿E despois dalgúns meses de obrigada parada, aquí a contribución de Miguel a esta fermosa proposta creada no CEIP Marque...
12/04/2024

🌿E despois dalgúns meses de obrigada parada, aquí a contribución de Miguel a esta fermosa proposta creada no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, da man de .florestaviva .proxectos e .escultura 🌿





Hoxe, 6 de marzo, é o día europeo da Logopedia. 👅🗨️🫂Sabedes quén é a logopeda que está detrás de Micelio?Para os que non...
06/03/2024

Hoxe, 6 de marzo, é o día europeo da Logopedia. 👅🗨️🫂
Sabedes quén é a logopeda que está detrás de Micelio?

Para os que non me coñezades eu son Selene Barros 👋🏼 Vale, sí, non teño un nome moi logopédico, así que, podedes chamarme Sele 😊.

Levo dende 2017 adicándome a esta fabulosa profesión. Durante estes anos puiden traballar en distintos lugares: gabinetes multidisciplinares, asociacións, clínicas dentais... Sí, con isto último xa te estás dando conta de que, os logopedas, non somos só os da R. 😉
Durante ese camiño tiven a marabillosa sorte de poder traballar con moitos profesionais, de diferentes ámbitos e con visións e coñecementos diversos.
Todo isto fixo que me fose formando máis e máis naquilo que me gustaba: atención temperá, terapia miofuncional, rehabiliación en patoloxía neurolóxica...

Pese a isto, notaba que me faltaba "algo" máis, que non era "suficiente"...
É ahí cando nace o proxecto do que son co-fundadora, Micelio 🌱🧠💚.
Proxecto que integra o máis profundo do noso ser, a natureza na que vivimos, nas distintas terapias, con visión holística das persoas e que está fundamentado na economía circular.

Graciñas as persoas e familias que confiades en min (en nós) para formar parte da vosa andaina!

Unha aperta! 🫂✨
Sele

Gracias a tódalas persoas que nos acompañastes nesta xornada!En especial a Jose Manuel, alcalde de , ._gonzalez_perez e ...
06/12/2023

Gracias a tódalas persoas que nos acompañastes nesta xornada!
En especial a Jose Manuel, alcalde de , ._gonzalez_perez e Jacinto Lareo Jimenez.

Foi moi agradable e enriquecedor compartir acerca de , , Sanitarios no rural e e rede de apoio das persoas con discapacidade.

📣 Tes inquietudes sobre o mundo da discapacidade? O próximo luns ven a compartir con nós as "Xornadas do Día Internacion...
29/11/2023

📣 Tes inquietudes sobre o mundo da discapacidade?
O próximo luns ven a compartir con nós as "Xornadas do Día Internacional das Persoas con Discapacidade".

📍 Casa da Xuventude de As Neves.
👉 17:15h

Achegádevos e participade!

🤓Fin de semana moi interesante da man de Isabelle Beaudry, Terapeuta Ocupacional (TO) referente en intervención, investi...
26/11/2023

🤓Fin de semana moi interesante da man de Isabelle Beaudry, Terapeuta Ocupacional (TO) referente en intervención, investigación e formación dende o enfoque da Integración Sensorial.

🔎Isabelle leva máis de 20 anos adicada a estudar as dificultades de continencia e uso do inodoro, unha casuística moi habitual dentro da nosa abordaxe.

🤜🤛🗒️O seu traballo, en conxunto con gastroenterólogos e pediatras, deu lugar a investigacións que traen evidencia acerca de que os problemas sensoriais son un factor importante a considerar á hora de tratar os Trastornos Funcionais de Defecación; e que as cativas melloran considerablemente traballando á par con TO formados neste enfoque, así como cos equipos médicos e familias.

Se tes curiosidade ou calquera dúbida/consulta relacionada con este tema, estaremos encantadas de acompañarte.

Dirección

O Fental
Tortoreos
36440

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Micelio Terapias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría