13/11/2023
🛍🏘❤️Comercio de Valdoviño, o da casa. 👩⚕️Os seus pais, e sobre todo o seu irmán, déronlle o impulso necesario a Inés Ferreira para abrir a súa propia clínica de podoloxía hai agora 6 anos. Rematada a carreira, esta campiona galega de natación, atendía as peticións de consulta de veciños e achegados, e constatando a demanda, o paso natural era poñer a andar a consulta. Inés tíñao claro. Sería en Valdoviño📍, sen admitir outras opcións. Alugou un baixo moi preto da súa casa familiar que non requería moito traballo, xa que tiña sido sede da clínica Rehafis, e nestes 6 anos, non só tirou para adiante con este centro, senón que asumiu as rendas dunha segunda clínica en San Sadurniño📍. A clientela é maioritariamente de Valdoviño, aínda que tamén procede doutros concellos como Narón ou Ferrol. A maioría das consultas están relacionadas con helomas -callos-, papilomas -verrugas- ou unllas incarnadas e estudos sobre a marcha -que rematan coa confección de plantillas-, ademais de ciruxías menores. ☝️Recomenda a primeira consulta a partir dos 3 ou 4 anos, xa que nesa etapa, de existir unha alteración nos pés, pódese corrixir, e pon como exemplo os pés planos. 🫂Considera aos seus pacientes parte da familia, e por riba de todo, valora a confianza que os seus veciños e veciñas depositan nela. Mira o futuro con optimismo, e vén de adquirir un baixo en propiedade a uns metros da súa ubicación actual, xunto a Rainbow idiomas, ao que prevé trasladar a consulta nos próximos meses, apostando de novo por Valdoviño e ofrecendo servizo á veciñanza 🫶.
-
-
Clínica Podológica Inés Ferreira