Asociación Érguete

Asociación Érguete Somos unha entidade social que traballa na prevención e intervención de condutas adictivas

Somos una entidad de iniciativa social que trabajamos en la Prevención e Intervención de Conductas Adictivas y Problemas asociados

💙 A nosa Dora Carrera  terá a súa rúa no seu O Porriño querido. Grazas ao pleno do  por decidir por unanimidade a unha m...
18/04/2026

💙 A nosa Dora Carrera terá a súa rúa no seu O Porriño querido. Grazas ao pleno do por decidir por unanimidade a unha muller que é e será historia do municipio, de Vigo e de Galicia.

💪 Orgullo.

💙 Días intensos e bonitos por Murcia no congreso de . Este ano estivo centrado no traballo de xénero e no traballo xerac...
17/04/2026

💙 Días intensos e bonitos por Murcia no congreso de . Este ano estivo centrado no traballo de xénero e no traballo xeracional no ámbito das condutas adictivas. De novo, traballamos en rede para chegar as persoas e colectivos que menos protexe o sistema.

💪 Ademais, queremos dar os parabéns a ACAT, a , a Arde, a .ong y a Fermad polo seus 40 anos. Seguimos 💪 Especial mención aos nosos compañeiros e compañeiras na vocalía de UNAD en Galicia.

💪 Ofrecemos xunto a Universidade de Vigo unha formación sobre deseño e avaliación de programas a través de prácticas art...
13/04/2026

💪 Ofrecemos xunto a Universidade de Vigo unha formación sobre deseño e avaliación de programas a través de prácticas artísticas.

👉 É un curso de 34 horas, semipresencial (dúas sesións na nosa sede en Vigo), cun título oficial e con sete docentes.

Podes inscribirte aquí: https://cpfp.uvigo.gal/gl/estudos/titulos-propios/id1285-1/

10/04/2026

As fillas de Dora Carrera organizan este domingo ás 11.30 horas unha homenaxe en memoria da nosa nai fundadora no (Avenida Domingo Bueno, 11).

Hoxe tamén queremos deixar unha mensaxe moi bonita de Dora para as persoas mozas. "Hay que luchar por cualquier motivo. La juventud que luche por lo que crean ellos que es bueno".

08/04/2026

Para a nosa Dora Carrera, isto era a Asociación Érguete. Cada unha destas palabras escribe o noso camiño.

Dora escribiu a súa historia cun sorriso, unha ilusión e unha forza de vontade que nos fixo admirala cada día. Cada vez ...
05/04/2026

Dora escribiu a súa historia cun sorriso, unha ilusión e unha forza de vontade que nos fixo admirala cada día. Cada vez máis. Hoxe temos que despedir a Dora Carrera. Un dos nosos faros. A nosa vicepresidenta. Unha das nais fundadoras da Asociación Érguete, unha nai orgullosa, unha muller que saltou do Porriño a todo un mundo como unha nai orgullosa de cada un dos seus fillos e fillas, tamén de Estebán, o seu fillo, o seu orgullo, o seu amor. El marchou antes de tempo, pero Dora seguiu por sempre na loita da Asociación Érguete ata este sábado, cando aos seus 93 anos dixo adeus. Agora, case 41 anos despois do inicio da súa batalla, nós seguiremos por ela, por Esteban, pola súa familia e por todas as persoas que fixeron, fan e farán Érguete, que é outro fillo máis de Dora.

Os que tivemos a sorte de crecer e a aprender ao lado de Dora sabemos a forza que tiña. O pasado verán, nun día de moita calor en agosto, foi cos seus 93 anos ata ao centro penitenciario de A Lama para compartir unha xornada con persoas presas polos seus problemas de adicción. Eles e elas estababan aprendendo nun programa da asociación a pedir perdón polos delitos que fixeran a súa familia e aos afectados. Dora sentou alí con eles xunto a Tonina, outra nai da Asociación Érguete. Estaban no centro. Abriu o seu corazón e contoulle todo o que lle pasou ao seu fillo. Logo escoitou a cada un deles. Deulle as grazas porque sentía que tamén estaba escoitando a Estebán. Abrazounos e marchou cun sorriso de orella a orella. Ela sempre, daba igual os achaques ou os problemas, estaba disposta a axudar a quen puidera. Temos milleiros de anécdotas así. Cada un e cada unha dos membros da Asociación somos uns afortunados e afortunadas de ter aprendido de ti.

Dora, tamén queremos dicirte nesta mensaxe que seguiremos sendo o que nos ensinastes, ese abrazo que acompaña a quen o necesite, nas boas e nas malas. Seremos combativas coma ti, que en plena Operación Nécora, cando gritabas de rabia e a túa filla, que estaba en Málaga, descubriute na televisión. Seremos persistentes coma ti, que malia que sufriches a maior das dores, seguiches para os que te precisaban. Seremos nais en todos os sentidos. E, sobre todo, seremos soñadoras. Porque si, Dora, ti eras das máis grandes. Na maior das tristezas soñaches que se podía vencer aos narcotraficantes, que se podían salvar aos fillos e fillas afectados e vós gañastes. Levas ese orgullo a onde vaias. Levas a victoria e nós quedamos co teu exemplo.

Hoxe, que te despedimos, quedamos coa inmensa alegría que sentiches na gala dos 40 anos da Asociación Érguete en Vigo. Un teatro con máis de 900 persoas completo por vós. Ti, no centro coas túas amigas, estabas abrumada, feliz e agradecida.
Eses aplausos son de toda unha sociedade que nunca te deixara de aplaudir e admirar.

Querémoste, Dora.

A túa familia da Asociación Érguete.

💪 Foi un orgullo poder formar parte das xornadas no seminario Tejiendo Redes centrado na muller con adiccións falando do...
31/03/2026

💪 Foi un orgullo poder formar parte das xornadas no seminario Tejiendo Redes centrado na muller con adiccións falando do noso traballo diario nas nosas vivendas de apoio en e a nosa Oficina .

💪 Tamén queremos dar os parabéns a e as investigadoras Laura Redondo y Tania Corrás pola presentación do seu estudo: "La explotación sexual como factor de riesgo para
la salud a través del consumo de sustancias".

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2026/03/27/mujer-37-anos-migrante-perfil-prostitucion-galicia/00031774640620546992136.htm

💙 Grazas a , y por organiza estas xornadas. O traballo en rede é imprescindible para mellorar a vida destas mulleres.

💙 A Asociación Érguete é dende onte Viguesa Distinguida xunto ao resto de entidades e persoas que fan posible o Circuíto...
27/03/2026

💙 A Asociación Érguete é dende onte Viguesa Distinguida xunto ao resto de entidades e persoas que fan posible o Circuíto Run Run do Concello de . ✨ É un orgullo que a nosa , que comezamos como unha aventura hai uns anos, sexa hoxe un proxecto tan completo e compartido cunha chea de boas persoas que nos axudan.

💪 Seguiremos correndo por un mundo mellor. Grazas a cada un e unha das patrocinadoras que fan a nosa posible cada ano.

Traemos boas novas! Hoxe presentamos en Vigo unha ferramenta moi necesaria 💜A primeira guía de recursos para mellorar a ...
25/03/2026

Traemos boas novas! Hoxe presentamos en Vigo unha ferramenta moi necesaria 💜
A primeira guía de recursos para mellorar a atención a mulleres con adiccións vítimas de violencia de xénero na nosa cidade.

A guía nace do traballo en rede coas GPS de Vigo que promove xunto con entidades, servizos de saúde e outros axentes do territorio para dar respostas máis coordinadas e reais.

https://bit.ly/mapa-recuros-gps-vigo

Seguimos sumando 💪

👉 Buscamos unha educador/a social ou traballador/a social para incorporarse ao noso equipo. Sería para entrada inmediata...
09/03/2026

👉 Buscamos unha educador/a social ou traballador/a social para incorporarse ao noso equipo. Sería para entrada inmediata cun contrato de substitución para a quenda de fin de semana.

ℹ As persoas interesadas non poden ter sido contratadas a través do plan coopera nos últimos tres anos.

💪 Podedes mandar os vosos CV a erguete@asociacionerguete.org

08/03/2026

?💜 Neste , María Abollado, a nosa traballadora da Oficina ÉMuller, explica as razóns polas que unha muller ten máis difícil recibir axuda nunha adicción ca un home.

​A sociedade continúa cos seus estigmas e os recursos de asistencia non están pensados para elas.

💪 Hoxe organizamos xunto as nosas compañeiras de   unha performance con platos para que as nosas usuarias deixaras as sú...
06/03/2026

💪 Hoxe organizamos xunto as nosas compañeiras de unha performance con platos para que as nosas usuarias deixaras as súas mensaxes e historias polo

👉 Mónica falou da discriminación que sufriu por ter unha adicción e VIH. Insistiu na dor de ser estigmatizada. Ana tamén compartiu os ataques que sufre por ter un problema de consumo.

Denunciar e visibilizar é preciso para un cambio.

.alzheimer

Dirección

Avenida Martinez Garrido Nº 21 Interior
Vigo
36205

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 21:00
Miércoles 08:30 - 15:30
Jueves 08:30 - 15:30
Viernes 08:30 - 15:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Érguete publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Érguete:

Compartir