A atención hospitalaria comprende as actividades asistenciais, diagnósticas, terapéuticas e de rehabilitación e coidados, así como aquelas de promoción da saúde, educación sanitaria e prevención da enfermidade, cuxa natureza aconsella que se realicen neste nivel, garantindo a continuidade da atención integral do paciente, unha vez superadas as posibilidades da Atención Primaria e ata que aquel poi
da reintegrarse no devandito nivel. Ademais daqueles que precisen unha intervención cirúrxica, ingreso ou exploracións de alta tecnoloxía, debendo estar interrelacionada coa atención primaria co obxecto de evitar ingresos innecesarios e facilitando a accesibilidade. Para o desenvolvemento desta actividade asistencial a Área Sanitaria de Vigo conta cun Complexo Hospitalario Universitario de Vigo -CHUVI- cos seguintes centros hospitalarios:
Hospital Álvaro Cunqueiro
Hospital Meixoeiro
Hospital Nicolás Peña
A Atención Primaria é un elemento clave dentro do noso sistema sanitario que se sitúa preto do lugar de residencia da cidadanía, nos Centros de saúde ou Consultorios e comprende o conxunto de actividades médico-asistencias e de saúde pública desenvolvidas polo conxunto de profesionais sanitarios e non sanitarios do SERGAS. A Atención Primaria ten por finalidade a asistencia sanitaria, a promoción da saúde e a prevención, rehabilitación, investigación e a docencia.