Mamás del Cunqueiro

Mamás del Cunqueiro Canal do Hospital Público Álvaro Cunqueiro para futuras nais e as súas familias e consellos sobre o proceso de xestación, parto e coidados do bebé

NOVO PROGRAMA DE HUMANIZACIÓN DO EMBARAZO DO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO

No marco do “Plan de Mellora e Escoita Activa pretendemos achegar ás futuras nais e familias información do circuíto asistencial que as mulleres xestantes deben seguer a súa chegada ao hospital cando se poñen de parto e coñecer co maior detalle posible as instalacións nas que as mulleres darán a luz. En proximas datas

se incorporarán nesta mesma liña consellos no ambito do cuidado da saude da muller, proceso de xestación, parto e coidados do bebé.

“Queremos que os futuros pais e nais poidan dispoñer de toda a información e coñezan o centro e aos equipos de profesionais que lle atenderán, antes da súa chegada ao hospital. Estar ben informado lles aportará tranquilidade e seguridade. En definitiva, aproveitamos as ferramentas tecnolóxicas para achegarnos a cidadanía e tratar de humanizar a atención sanitaria ”-. Os profesionais sanitarios informan
Son os propios profesionais do hospital, xinecólogos, matronas, anestesistas, enfermeiras e pediatras, as que realizan este circuíto guiado, mostrando as instalacións e explicando todo o proceso, desde a entrada por urxencias, as UTPR (Unidades de Traballo e Recuperación do Parto), as habitacións de puerperio, etcétera. Tamén son eles quen ofrecen consellos prácticos. Ademais, participan no proxecto, contando a súa experiencia, pais e nais que xa tiveron aos seus fillos no hospital. Area Materno-Infantil máis grande de Galicia
A área materno-infantil do hospital Álvaro Cunqueiro, a máis importante de Galicia polo seu volume de actividade -xa que neste hospital nace en torno aos 4000 nenos ao ano- ocupa un lugar diferenciado no novo edificio hospitalario, con entrada independente ás consultas, e con dous hospitais de día, un infantil e outro obstétrico. Na área obstétrica, que conta con 48 xinecólogos e 35 matronas, unha das novidades máis subliñables coas que se contará no HAC son as 12 UTPR (Unidade de Traballo, Preparación e Recuperación do parto). “Esta estrutura marca un salto cualitativo importante na atención ao parto na área de Vigo. Trátase de Unidades que integran todo o proceso do parto, a dilatación, expulsión, e a recuperación; feito que mellora a confortabilidade e as condicións da atención ofertada”-. Nestas Unidades a mamá poderá estar acompañada en todo momento pola persoa da súa elección. Unha vez naza o bebé a nai é trasladada xunto co seu fillo a unha habitación, que é sempre individual.

Address

Clara Campoamor, 341
Vigo
36213

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Mamás del Cunqueiro posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Share

Nearby clinics


Other Vigo clinics

Show All