17/11/2025
Xa está aquí!✨👑🎄
DOAndo Nadal é a nosa campaña solidaria para o nadal das vivendas protexidas. 🏠Convertédesvos nos paxes dos nosos pisos, contamos coa vosa colaboración🤗🫂.
Na nosa asociación contamos con varios pisos protexidos onde viven jovenes e adultos en situacións de vulnerabilidade e exclusión económica e social.
Se che apetece e tes posibilidade, gustaríanos que lle fixésedes chegar algún agasallo dentro do orzamento de 10€/20€, para que atopen algo debaixo das súas árbores o 6 de xaneiro. 🎁
Xa que chegaches ata aquí podes animarche a cubrir o formulario📄, e proximamente recibirás unha carta coa presentación da túa apadriñada, indicacións para saber onde deixar o paquete e un gran agradecemento.
📮🔗O formulario estará na nosa biografía de instagram e historias destacadas.
Para calquera tipo de dúbida podedes contactar ao correo electrónico de doandonadal@gmail.com ou aos números de teléfono de Diego: 664649313 / Zulema: 672742325.
E se non podes colaborar de maneira económica, sempre podes axudar con difusión de redes, o boca a boca sempre axuda unha chea!.
Vémonos de camiño a Belén. 🙋♂🤪✨👑