Sicoloxía sanitaria e educativa. Infantoxuvenil-A Sé benvida/o ó teu centro.
CONVERSA SICOLOXÍA é un centro de atención a nenas/os, adultos e familias na procura de mellorar a súa saúde e calidade de vida. Acompañamos e orientamos á familia na crianza, ás/ós nenas/os no seu desenvolvemento evolutivo e ós adultos na súa saúde emocional e psicolóxica.
Ó abrigo da sólida formación sistémica do noso equipo profesional, proporcionamos sesións de psicoterapia en formato individ
ual, de parella e familiar. Ofrecemos para tales fins técnicas de vangarda aplicadas por profesionais do ámbito da Sicoloxía e da Educación, actualizados e en continua formación, especialistas cercanos cunha ampla experiencia na práctica clínica e educativa dende o ano 2000.
11/09/2024
Co comezo de curso achegamos unhas pautas que sempre nos poden dar ideas de cómo encarar as preocupacións que xurden.
La vuelta al cole puede generar grandes preocupaciones para los niños y las niñas, pero hablar de ellas (y sentirse apoyados/as) ayuda
10/06/2024
A qué nos referimos cando falamos de distorsións cognitivas? Podes recoñecer algunha? Cando as identificamos diminuimos o seu poder nas nosas emocións e conduta.
06/06/2024
Este mes no blog falamos de dislexia e achegamos algúns datos interesantes desta dificultade da aprendizaxe da lectura e da escritura. Na publicación referimos o libro no que nos baseamos e que conta tamén con información doutros trastornos habituais na infancia e adolescencia. Toca ler!!!🤓🤓🤓 https://conversa.gal/un-rato-para-a-dislexia/
03/06/2024
Cando observamos unha conduta (malas contestacións, agresións físicas, autolesións, apatía...) é preciso analizar qué nos está a comunicar esa persoa e por que o fai desa maneira. Só así poderá modificala e buscar outras alternativas.
27/05/2024
Estamos comprometidas coa formación permanente, neste caso nas dificultades realcionadas co TEA nos diferentes ámbitos ou entornos. Desfrutamos aprendendo e actualizando coñecementos.
20/05/2024
Ata o 13 de setembro está aberto o prazo para solictar as becas e axudas NEAE. Como este ano hai cambios nos requisitos achegamos información que pode ser de interese.
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
Cuantía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros.
Subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
02/05/2024
Informamos que está aberto o prazo para solicitar as becas de necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) do vindeiro curso. Lembrade que estas becas están destinadas a estudantes de primaria, secundaria e ciclos que teñan discapacidade recoñecida, trastorno grave de conduta, comunicación ou linguaxe, TEA ou Altas Capacidades.
15/04/2024
Ter interese por contar historias, tamén é TEA.
Encantarme as apertas, tamén é TEA.
Querer estar no parque no lugar de vir á consulta, tamén é TEA.
Ter preferencias por determinadas actividades, tamén é TEA.
Ah! E ordenar os lápices de cores para relaxarme, tamén é TEA. Non simplifiquemos.
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Conversa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.
En CONVERSA SICOLOXÍA atendemos as necesidades individuais de familias e cativos dende a infancia á xuventude co lema “cercanía e profesionalidade”.
O noso obxectivo é fomentar un desenvolvemento integral saudable a través dunha perspectiva neurocientífica aplicando técnicas avaladas pola comunidade científica.
O noso traballo é proporcionar á persoa as ferramentas que precisa para crecer sen límites, buscando, entre todos e todas, a mellor maneira de alcanzar unha boa calidade de vida, saúde emocional, física, mental e satisfactoria convivencia no seu fogar.
Cremos nunha sicoeducación que abrangue o apoio educativo e o desenvolvemento cognitivo e emocional: