CIM Mancomunidade de Santa Águeda

CIM Mancomunidade de Santa Águeda Atención Xurídica, Psicolóxica e dinamización en igualdade da Mancomunidade de concellos Santa Águeda

O CIM da Mancomunidade de Santa Águeda é un servizo que se crea co fin de informar, orientar e asesorar ás mulleres da Mancomunidade de Santa Águeda sobre calquera cuestión que lles suscite dúbidas ou curiosidades, en definitiva, facilitarlles información e asesoramento rápido, individualizado e gratuíto, sobre aspectos xurídicos, sociais e psicolóxicos, que lles permitan o exercicio e desenrolo d

os seus dereitos. PRINCIPIOS QUE REXEN O CIM:
- Anonimato
- Gratuitidade
- Respecto á vontade da persoa
- Confidencialidade

SERVIZOS DO CIM:
- ASESORAMENTO XURÍDICO: en diferentes áreas como a familiar (separacións, divorcios, herdanzas, impago de pensións de alimentos, violencia de xénero...); laboral, civil e outras cuestións administrativas.

- ASESORAMENTO PSICOLÓXICO: que pode consistir en intervencións terapéuticas: individuais, de parella ou familiares, asistencia e acompañamento psicolóxicos, intervencións en situacións de risco, atención a vítimas de violencia de xénero, entre outros.

- ASESORAMENTO SOCIAL: acerca de prestacións e recursos sociais, convocatorias de axudas económicas, etc., nas diferentes áreas de actuación: saúde, emprego, vivenda, formación, conciliación, ocio e tempo de lecer, violencia de xénero..., así como a tramitación e xestión destes recursos.

- HORARIO:
Horario de atención ó público: de luns a venres de 8:00 a 16:00 h
Horario de atención psicolóxica: de luns a venres de 9:00 a 13:00 h
Horario de asesoría xurídica: de luns a venres de 9:00 a 13:00 h

Acción subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014-2020 segundo a Resolución do 8 de outubro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións ás entidades locais da Comunidade Autonóma de Galicia para a promoción da igualdade.

💜💜💜
01/04/2025

💜💜💜

El delegado territorial de la Xunta, Manuel Pardo, participó en el acto en Vilamarín

🟣Onte o noso CIM, como cada ano, entregou os premios do quinto certame do noso concurso de debuxo en igualdade "Enchemos...
01/04/2025

🟣Onte o noso CIM, como cada ano, entregou os premios do quinto certame do noso concurso de debuxo en igualdade "Enchemos de cor a Mancomunidade", á cativada de artistas dos catro concellos, que este ano estiveron moi repartidos entre o CPI Antonio Faílde de Cambeo, con alumnado de Concello de Coles e Concello de Vilamarín, o CEIP Ramón Otero Pedraio de Concello de Amoeiro, e o CEIP Roberto Blanco Torres de Concello de A Peroxa.
Moitas grazas ós representantes municipáis, alcaldes e concelleiras/os, ó profesorado e orientadoras dos diferentes centros educativos, ás nais e pais dos artistas premiados, e especialmente ó Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, por acompañarnos e pola implicación na labor de sensibilización da igualdade, desde os máis pequenos/as.
Tamén queremos destacar os fermosos debuxos dos gañadores/as, pero tamén de todo o alumnado que demostrou en cada ilustración, ademáis dun gran talento, o camiño para un futuro máis xusto e igualitario 💜.

A pasada semana estivemos no Ceip Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro, no Concello de Amoeiro, e tamén no CPI Antonio Faílde ...
17/03/2025

A pasada semana estivemos no Ceip Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro, no Concello de Amoeiro, e tamén no CPI Antonio Faílde de Cambeo, con alumnado de Concello de Coles e Concello de Vilamarín, para facer o contacontos "O País dos Mandóns", e a cativada argallou as súas propias leis da gualdade, e a sús propia Constitución para contribuir na construcción dunha sociedade libre de prexuízos e máis xusta.
Moitas grazas ao profesorado e nenos e nenas pola súa implicación 💜.

13/03/2025
13/03/2025

asas

13/03/2025

Dirección

Villamarín

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIM Mancomunidade de Santa Águeda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir